AVISOS PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO:
- Os días asignados para que o alumnado de 6º entregue tanto os libros de texto cedidos polo centro, como calquer outro préstamo da biblioteca ou material de aula serán o 17 e 18 de xuño, data na que poderán aproveitar para recoller todas aquelas pertenencias do alumnado que quedaran no colexio. NON SE PODE SUBIR ÁS AULAS. Eu encargareime de preparar o material tendo en conta todas as medidas hixiénicas necesarias e entregareino ás familias nun lugar aínda por asignar (Supoño que na entrada do centro ou recepción).
Tamén se devolverá, nestas datas, o importe da saída ao concerto que xa fora abonado por parte do alumnado.
- Eses mesmos días (17 e 18 de xuño) tamén terán que entregar as actividades de inglés feitas durante o estado de alarma, indicando nome e curso; así como todas as tarefas que estiven mandando eu polo blog, sempre e cando non foran enviadas anteriormente por outro medio.
- As familias interesadas en facer a solicitude de libros e material para o curso que vén, teñen que facelo no IES, con data límite de 19 de xuño.
MATEMÁTICAS
- Corrixir exercicio do martes.
- Resolver o seguinte enigma (Fíxate ben en todos os detalles):
LENGUA OU LINGUA
- Crea o teu propio pasapalabra sobre unha temática concreta que ti elixas (animais, deportes, plantas, seres vivos. países, cidades, ríos, montañas, música, películas, literatura... o que se che ocorra).
Para cada letra do abecedario debes escoller unha palabra que comece por dita letra (ou se é moi complicado, que a conteña) e definila dun xeito moi concreto e claro.
Se podes faino a ordenador.
Déixovos unha plantilla por se vos serve de axuda (Se o facedes en galego debedes adaptalo ao alfabeto galego):
Tes para entregalo ata o domingo!
RECORDATORIOS
XA SABEDES QUE AGORA TEDES QUE MANDARME TODAS AS TAREFAS PARA ILAS REXISTRANDO.
MIRADE A SEGUINTE PISTA DO RETO.
HOXE TÓCALLE A HISTORIA VIAXEIRA A MARCOS.