martes, 19 de mayo de 2020

AVISO PARA AS FAMILIAS

Aquí tedes a parte que fala de primaria das instrucións da consellería para o 3º trimestre:





En base a todo isto, elaborouse un documento de adaptación da programación do 3º trimestre, no que podedes ver os estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles da 3ª avaliación (que serán propostas para incluír nas programacións do vindeiro curso), ademais queda rexistrado como está sendo a metodoloxía neste tempo de confinamento e como será a avaliación e cualificación deste curso escolar. Pégovos o documento a continuación e tamén o podedes ver na páxina web do centro:


Indicar tamén que as actividades de repaso que estamos realizando durante este período inclúen, en algún caso, repaso tamén dalgúns contidos de 5º curso. Os contidos novos de ampliación, como pode ser o medio físico de Europa ou algún outro, estounos incluíndo con actividades para que lle vaian resultando familiares ao alumnado, pero en ningún caso serían avaliables e ademais vaise ter en conta para as programacións do próximo curso como materia non dada.

Elaborarase tamén, a final de curso, un informe individualizado de cada alumno e alumna para enviar ao instituto.

Se alguén ten algunha dúbida ao respecto que se poña en contacto comigo por calquera dos medios dispoñibles.

GRAZAS!










No hay comentarios:

Publicar un comentario