martes, 23 de junio de 2020

ÚLTIMAS COUSIÑAS

OLA DE NOVO AMIGUIÑ@S!

Antes de nada, uns avisos:

- O LUNS 29 FARASE ENTREGA DOS HISTORIAIS ÁS FAMILIAS DOS NENOS DE 6ºA e B. O HORARIO SERÁ DE 12 A 14 HORAS NA ENTRADA DE BUSES (COMO O OUTRO DÍA).

- AS FOTOS E VÍDEOS RECOPILADOS DURANTE 5º E 6º CURSO TÉDELOS NOS SEGUINTES ENLACES. CADA UN QUE DESCARGUE TODO O QUE LLE INTERESE PARA TER DE RECORDO! (Podedes facelo durante todo o mes de xullo, despois borraranse).




- DÉIXOVOS POR AQUÍ AS RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA PARA O VERÁN:





 E agora... unhas sorpresiñas! (Se os queredes de recordo tamén os podedes descargar)






E por último, déixovos por aquí material descargable para quen precise repasar durante as vacacións de verán!








E agora si... só me queda desexarvos...

FELIZ VERÁN PARA TODOS E MOITÍSIMA SORTE!

QUÉROVOS!




viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA VIRTUAL

Ola chic@s!
Isto xa se acerca ao final e... como este ano non podemos despedirnos como se merece... faremos unha despedida virtual o venres 19 ás 16:00 h.
REUNIÓN ZOOM
ID da reunión: 9811607057
Contrasinal: 6dkXv1


jueves, 18 de junio de 2020

ÚLTIMAS ACTIVIDADES!

Aquí vos deixo os enlaces da activiade de arte organizada por EDL e biblioteca, espero que vos guste! (Vexo moi pouca participación de 6º... eso que o mandei como tarefa...).




E a continuación tedes o enlace da vosa "actuación" final de curso facendo o que máis vos gusta!



UNHA FORTE APERTA!



lunes, 15 de junio de 2020

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO E RECOLLIDA DE MATERIAL

Recórdovos que o mércores 17 e o xoves 18 de xuño é o día asignado para que as familias de 6º de primaria fagan a devolución dos libros de préstamo e recollan o material do alumnado. O horario é de 9:30 a 14:00 h. Que veña preferiblemente só un membro da familia, adulto, e deberá respectar todas as medidas de seguridade. 
A entrada é pola porta de buses e a entrega de material no edificio vello pola entrada de orientación. 

A continuación tedes un listado dos libros que ten que devolver cada alumno ou alumna (se non aparecen aí é que xa están no cole ou que non son de préstamo):

REVISADE O LISTADO DE NOVO QUE HOUBO ALGÚNS CAMBIOS (ATOPEI  LIBROS FÓRA DE SITIO, NA CLASE)

DANIELA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o do 1º e 2º trimestre de Lingua Galega e o do  2º trimestre de matemáticas.

BRAIS: Naturais, Sociais, o 3º trimestre de Lingua Castelá, o 1º e 3º trimestre de Lingua Galega e o 3º trimestre de Matemáticas.

DARÍO: Naturais, Sociais, todos os trimestres de Lingua Castelá, todos os trimestres de Lingua Galega e todos os trimestres de Matemáticas.

SARA ELVIRA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o 2º trimestre de Lingua Galega e o 2º trimestre de Matemáticas.

LARA: Naturais, Sociais e o 2º trimestre de Lingua Castelá.

IRIA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o 1º e 2º trimestre de Lingua Galega e o 1º e 2º trimestre de Matemáticas.

MARCOS: Naturais, Sociais, o 3º trimestre de Lingua Castelá, todos os trimestres de Lingua Galega e o 1º e 3º trimestre de Matemáticas.

SARA GARCÍA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o 2º trimestre de Lingua Galega e o  2º trimestre de Matemáticas.

HUGO GONZÁLEZ: Naturais, Sociais, o 2º e 3º trimestre de Lingua Castelá e o 3º trimestre de Lingua Galega.

ADRIÁN: Naturais, Sociais, o 2º e 3º trimestre de Lingua Castelá e todos os trimestres de Lingua Galega.

ÁNGEL: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o 1º e 2º trimestre de Lingua Galega e o 2º e 3º trimestre de Matemáticas.

NATALIA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o  2º trimestre de Lingua Galega e o  2º trimestre de Matemáticas.

AINHOA: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o 1º e 2º trimestre de Lingua Galega e o 1º e 2º trimestre de Matemáticas.

DANIEL: Naturais, Sociais, o 2º trimestre de Lingua Castelá, o  2º trimestre de Lingua Galega  e o 2º trimestre de Matemáticas e Música.

CANDELA: Naturais, Sociais e o 2º trimestre de Lingua Castelá

O resto dos libros que non sexan de préstamo, agradécese que se doen ao banco solidario de libros do colexio para que poidan ser empregados por outros alumnos e alumnas que o precisen.


Todo aquel que teña libros de préstamo da biblioteca ou de aula, ten que devolvelos tamén cun papeliño dentro no que poña o nome, apelidos e curso do alumno ou alumna.










OS EXPERIMENTOS DE 6ºB

A BOLSA IRROMPIBLE (BORJA)

                                      POMPAS QUE REBOTAN (SARA ELVIRA)













O PAPEL QUE NON SE MOLLA (MARCOS)



O VOLCÁN DE ESPUMA (CLAUDIA)
                            






LÁMPADA DE LAVA CON LEITE (ADRIÁN)


                         O GLOBO QUE NON EXPLOTA (IRIA)





A CANELA E A MOEDA (ÁNGEL)




TENSIÓN SUPERFICIAL (DANIELA)


O ASPIRADOR DE AUGA (HUGO G.)
                            


                         O PAPEL QUE NON SE MOLLA (ÉRIKA)
















HISTORIA VIAXEIRA

SEGUIMOS CON LA HISTORIA VIAJERA

LENGUA CASTELLANA

OS PONGO AQUÍ UN ENLACE EN EL QUE SE CUENTA EL COMIENZO DE UNA HISTORIA. A CONTINUACIÓN DE ESTE TAMBIÉN APARECE LA TRANSCRIPCIÓN DE LA MISMA POR ESCRITO Y SE IRÁN AÑADIENDO LOS "TROZOS" QUE CADA UNO DE VOSOTROS VA APORTANDO. TENEIS QUE LEERLOS TODOS BIEN ANTES DE HACER VUESTRA PARTE. HOY TOCA HACER EL FINAL DE LA HISTORIA.

HOY LE TOCA A CANDELA (Cuando la tengas envíamela al correo)






LA ACTIVIDAD CONSISTE EN CONTINUAR ESTA HISTORIA, PERO LO HAREMOS, DE UNO EN UNO, POR ORDEN DE LISTA Y SIEMPRE TENIENDO EN CUENTA LO QUE HA ESCRITO EL COMPAÑERO O COMPAÑERA ANTERIOR, POR ESO SE LLAMA "HISTORIA VIAJERA".



YA SABÉIS QUE TODOS TENÉIS QUE APORTAR ALGO NUEVO A LA HISTORIA, POR LO QUE NO PODÉIS RESOLVER LO QUE OCURRE YA AL PRINCIPIO!

LA EXTENSIÓN DE LA PARTE QUE TENÉIS QUE ESCRIBIR SERÁ ENTRE 10 Y 15 LÍNEAS Y PREFERIBLEMENTE A ORDENADOR (SI NO ES POSIBLE, A MANO EN LA LIBRETA O UN FOLIO). INTENTAD QUE HAYA ALGO DE DESCRIPCIÓN Y DIÁLOGO.





viernes, 12 de junio de 2020

ÚLTIMO DÍA PARA A ENTREGA DE TODO!






RECORDADE QUE HOXE, VENRES 12 DE XUÑO, É O ÚLTIMO DÍA PARA A ENTREGA DE TODAS AS ACTIVIDADES QUE TIÑADES PENDENTES:

- Vídeo do experimento.

- Vídeo do discurso.

- Vídeo curto facendo algo que vos guste (Volunatariamente o que quiera pode enviarme outro vídeo deste tipo).

- Actividade proposta por biblioteca e EDL.

SEGUIDE ATENT@S AO BLOG!



miércoles, 10 de junio de 2020

GRAVAR VÍDEO DO DISCURSO DE DESPEDIDA

A miña recomendación é que gravedes o vídeo do discurso sen lelo, é dicir, decíndoo de memoria ou improvisando un pouquiño. Elixide a información que consideredes máis importante ou que vos guste máis para dicila en alto! Non fai falta que sexa un discurso moi longo, pero si que estea ben gravado, en posición horizontal, e que se vos escoite alto e claro mirando cara a cámara!


martes, 9 de junio de 2020

AVISOS DO MARTES 9 DE XUÑO

- HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR O DISCURSO DE DESPEDIDA POR ESCRITO (AÍNDA ME FALTAN ALGÚNS)

- A PARTIR DE HOXE TEDES QUE PRACTICAR O DISCURSO (xa corrixido) PARA DESPOIS GRAVARVOS (Fala alto e claro, entoando, mirando de vez en cando á cámara, cunha expresión agradable e non tapes a túa cara co papel no que tes o texto) Fai o vídeo en horizontal!A DATA LÍMITE PARA ENVIALO É O VENRES 12.

- AÍNDA ME FALTAN CONTESTACIÓNS ÁS CARTAS (Non espero máis días).

- HOXE TÓCALLE A HISTORIA VIAXEIRA A AINHOA.

- IDE ADIANTANDO TRABALLO: ENVIADE OS VÍDEO DOS EXPERIMENTOS, OS VÍDEOS  BAILANDO OU REALIZANDO OUTRA ACTIVIDADE E AS FOTOS DA PROPOSTA DE BIBLIO E EDL. (DATA LÍMITE: 12 DE XUÑO).

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

OLA DE NOVO RAPACES E RAPAZAS!!


Xa estamos en xuño e a estas alturas sei que empezamos a folgazanear máis da conta e xa non apetece moito traballar, pero quédanos algunha que outra tarefa por facer e algunhas pendentes de rematar. Póñovos aquí todas as actividades desta semana. Aínda así estade pendentes de consultar o blog porque engadirei algúns xogos de repaso, avisos e recordatorios!

- O martes é o último día para enviar o discurso de despedida por escrito. Ireivos contestando os correos e adxuntando as correccións; unha vez que o revisedes podedes comezar a practicar para gravar un vídeo. Para iso, le varias veces o discurso ata que che saia unha lectura moi fluida (que non quere dicir que o digas moi rápido). Debes falar alto e claro, facer pausas para mirar á cámara, manter unha actitude e expresión positivas (sorrí)... Recorda tamén que a linguaxe xestual é importante. Cando te graves, elixe un lugar que che guste para facelo.


- Ide mandando os vídeos dos experimentos ao longo da semana! Non olvidedes facer a explicación científica.


- Desde o equipo de biblio e de normalización propóñen a seguinte actividade de arte (Elixide alomenos unha para facer durante esta semana: ou imitar a portada dun libro ou a obra dalgún pintor ou escultor galego das que se propoñen):



Grava un vídeo de 5  segundos aproximadamente (EN HORIZONTAL) bailando ou facendo algunha actividade que che guste (saltar, ir co patinete, na bici, nos patíns, encestando unha canasta, marcando un gol...) e mándamo ao móbil.


- Para o que queira, hai actividades novas de relixión e de música na páxina web do cole!


FACEDE TODOS OS VÍDEOS A PARTIR DE AGORA EN HORIZONTAL, POR FAVOR!







lunes, 8 de junio de 2020

SOLUCIÓNS E GAÑADORES DOS RETOS!

Sara G. tráenos un novo reto.

RETO Nº7: BUSCAMOS UN DEPORTISTA!

PISTA 1: Exxogador de fútbol e actualmente entrenador.

PISTA 2: Xogou 16 anos no Real Madrid

PISTA 3: Chegou a acumular 23 títulos.

PISTA 4: É considerado un dos mellores futbolistas e España.

PISTA 5: É o máximo goleador da Liga de Campións da UEFA

A RESPOSTA CORRECTA ERA... RAÚL GONZÁLEZ!

O alumnado que acertou este reto foi o seguinte:
- Brais
- Celia
- Natalia
- Sara E.
- Ángel
- Iria
- Hugo G.






Outro reto da vosa compañeira Iria:

RETO Nº 8: BUSCAMOS UN ANIMAL

PISTA 1: É un mamífero.

PISTA 2: É da familia doS cánidos.

PISTA 3: Parece un cruce de lobo e tigre.

PISTA 4: Críase extinto, pero houbo alomenos 8 avistamentos.

PISTA 5: Ten uns 3 nomes, un deles é "tilacino"

A RESPOSTA CORRECTA ERA...LOBO MARSUPIAL OU TIGRE DE TASMANIA!

O alumnado que acertou este reto foi o seguinte:
- Brais
- Sara E.
- Ángel
- Yamil
- Sara G




O RANKING DOS RETOS QUEDA DO SEGUINTE XEITO:

1º posto (8 respostas correctas): IRIA
2º posto (7 respostas correctas) : SARA E. E ÁNGEL.
3º posto (5 respostas correctas): LARA E HUGO G.
4º posto (4 respostas correctas): BRAIS, SARA G,  E NATALIA.
5º posto (3 respostas correctas): MARCOS.
6º posto (2 respostas correctas): CELIA E DAVID.
7º posto (1 resposta correcta): ÉRIKA E YAMIL.


PODIUM DOS RETOS









MANUALIDADES COS TUBOS DE PAPEL

BOLOS CON TUBOS DE PAPEL (ADRIÁN)











FELICIDADES CLAUDIA!!

O sábado estivo de cumple a vosa compañeira Claudia! Espero que o pasaras xenial e gozaras moito do teu día!!! Unha forte aperta!


viernes, 5 de junio de 2020

ACTIVIDADES VENRES 5 DE MAIO

BOS DÍAS A TOD@S!


MATEMÁTICAS + PLÁSTICA (Repetimos)

- Ides medir os lados dos polígonos que debuxastes onte. Para que sexan polígonos regulares, os lados de cada figura teñen que medir o mesmo, se non é así, fixéstelo mal (Tedes que ser moi precisos nas medidas, ter coidado que o compás non se mova da posición que queredes...). Se o tedes mal hai que repetir o debuxo!


LENGUA OU LINGUA

- Fáltanme bastantes contestacións ás primeiras cartas que recibistes ou, en algún caso, que ma enviedes corrixida. Se non o fixestes aproveitade hoxe!


TAREFAS PENDENTES

- Vídeo do experimento: Data límite 12 de xuño (Convén que o enviedes antes por se hai que cambiar ou corrixir algo).

- Discurso de despedida: Data límite para entregalo escrito o 9 de xuño.



jueves, 4 de junio de 2020

ACTIVIDADES XOVES 4 DE XUÑO



LENGUA CASTELLANA

CORRECCIÓN DEL ANÁLISIS DE LAS ORACIONES


MATE + PLÁSTICA

- Imos debuxar un pentágono regular inscritos dentro dunha circunferencia de 6 cm de radio e un hexágono regular tamén inscrito nunha circunferencia de 6 cm de radio.
Para iso necesitamos rotulador negro, lapis, goma, regla e compás (se non tes compás emprega un lapis con un anaco de lá ou un cordeliño que faga a función dun compás).
Déixovos uns titoriais para que os fagades. Convén que o vexades primeiro enteiro e despois, a medida que ides facendo o debuxo, podedes ir parando o vídeo para seguilo correctamente.
Tedes que ser moi precisos con todas as medidas e á hora de trazar as liñas. 
Ao rematar, repasade os lados do pentágono e do hexágono con rotulador, pero non borredes ningunha das outras liñas que fixestes para trazar as figuras (só as que che mandan no vídeo).




RECORDATORIOS

TÓCALLE A HISTORIA VIAXEIRA A ÁNGEL.

RECORDADE MIRAR AS PISTAS DE HOXE DOS RETOS.



miércoles, 3 de junio de 2020

ACTIVIDADE MÉRCORES 3 DE XUÑO



LENGUA CASTELLANA

Habrá una videollamada para recordar los análisis morfológicos y sintácticos. (Tenéis muchos fallos en el ejercicio de analizar oraciones).
ZOOM
Hora: 12:00
ID: 9811607057
Contrasinal: 6dkXv1


SOCIAIS

- Lectura da páxina 28 á 33 (Tedes as páxinas do libro na entrada do blog do día 28 de maio).

- Facemos un esquema dos ríos e lagos de España e despois un pequeno esquema cos climas e a vexetación. Tes que organizalo ti, así que le primeiro todo ben e despois vai por partes.

- Escribe o nome de todos os ríos e lagos que incluiches no esquema, nun mapa de ríos de España (Coma sempre podes imprimilo, calcalo ou debuxalo).


RECORDATORIOS:

HOXE TÓCALLE A HISTORIA VIAXEIRA A HUGO P.

CONSULTADE A PISTA 3 DOS RETOS.


QUE PASEDES UN DÍA XENIAL!

martes, 2 de junio de 2020

ACTIVIDADES MARTES 2 DE XUÑO



MATEMÁTICAS

SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE ONTE


LINGUA GALEGA

- Xa que este curso está a piques de rematar, a última redacción de lingua galega que tedes que preparar será un "DISCURSO DE DESPEDIDA". Nel podedes facer un repaso do voso paso polo colexio, dende que entrastes en infantil ata agora, contando anécdotas que recordes, bos e malos momentos, nomeando a algún ou algúns mestres que recordaredes sempre, etc. Debes despedirte do curso, do cole, dos compis, dos mestres, de Humberto... (Emprega máis ou menos unha carilla. Pode ser a man ou a ordenador). Unha vez que mo mandedes e o corrixa, faredes un vídeo lendo o voso discurso (hai que ensaialo un pouco antes).
Para a primeira parte tedes ata o vindeiro martes 9 de xuño para facelo ben, sen présas, nos vosos momentos de inspiración e revisándoo antes de enviarmo.
A segunda parte xa a explicaremos con máis calma.


LENGUA CASTELLANA

- Análisis sintáctico y morfológico. Pincha a continuación:

REPASO Y ACTIVIDADES PARA HACER

ESQUEMA CON LAS CLASES DE PALABRAS  (para hacer el análisis morfológico)


RECORDATORIOS

HOXE CONTINÚA COA HISTORIA VIAXEIRA YAMIL.

CONSULTADE AS PISTAS Nº 2 DOS NOVOS RETOS!






lunes, 1 de junio de 2020

ACTIVIDADES LUNS 1 DE XUÑO



MATEMÁTICAS

- Das seguintes páxinas facemos o exercicio 1, 4, 5, 6 e 7(Non é do noso libro)

PÁXINAS MATEMÁTICAS


RECORDATORIOS

TÓCALLE SEGUIR A HISTORIA VIAXEIRA A ADRIÁN.

CONSULTADE OS NOVOS RETOS.

TEDES OS VOSOS MARCAPÁXINAS E AS VOSAS HISTORIAS DAS LETRAS GALEGAS NOS BLOGS DA BIBLIOTECA E DE GALEGUIÑO:

MARCAPÁXINAS DAS LETRAS GALEGAS

CONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Aquí está o marcapáxinas da vosa compañeira Iria:




QUE PASEDES UN FELIZ DÍA!
ATA MAÑÁ!