martes, 9 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

OLA DE NOVO RAPACES E RAPAZAS!!


Xa estamos en xuño e a estas alturas sei que empezamos a folgazanear máis da conta e xa non apetece moito traballar, pero quédanos algunha que outra tarefa por facer e algunhas pendentes de rematar. Póñovos aquí todas as actividades desta semana. Aínda así estade pendentes de consultar o blog porque engadirei algúns xogos de repaso, avisos e recordatorios!

- O martes é o último día para enviar o discurso de despedida por escrito. Ireivos contestando os correos e adxuntando as correccións; unha vez que o revisedes podedes comezar a practicar para gravar un vídeo. Para iso, le varias veces o discurso ata que che saia unha lectura moi fluida (que non quere dicir que o digas moi rápido). Debes falar alto e claro, facer pausas para mirar á cámara, manter unha actitude e expresión positivas (sorrí)... Recorda tamén que a linguaxe xestual é importante. Cando te graves, elixe un lugar que che guste para facelo.


- Ide mandando os vídeos dos experimentos ao longo da semana! Non olvidedes facer a explicación científica.


- Desde o equipo de biblio e de normalización propóñen a seguinte actividade de arte (Elixide alomenos unha para facer durante esta semana: ou imitar a portada dun libro ou a obra dalgún pintor ou escultor galego das que se propoñen):



Grava un vídeo de 5  segundos aproximadamente (EN HORIZONTAL) bailando ou facendo algunha actividade que che guste (saltar, ir co patinete, na bici, nos patíns, encestando unha canasta, marcando un gol...) e mándamo ao móbil.


- Para o que queira, hai actividades novas de relixión e de música na páxina web do cole!


FACEDE TODOS OS VÍDEOS A PARTIR DE AGORA EN HORIZONTAL, POR FAVOR!







No hay comentarios:

Publicar un comentario