martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 1 DE ABRIL

BOS DÍAS! COMO ESTAMOS HOXE?
COMEZAMOS CON ENERXÍA O MES DE ABRIL!



MATEMÁTICAS

- Corrixir os exercicios de onte no seguinte enlace: (Se non entendedes algo, preguntádeme!).

EXERCICIOS MATE PÁX 152 DO 1 AO 5

- Facemos da  páx 152, ex 6, 7 e 8. (Mañá poño as solucións).


LENGUA CASTELLANA 

- Corregimos actividades de ayer. Os dejo el enlace:

EJERCICIOS DE LENGUA PÁG 157: PALABRAS POLISÉMICAS Y HOMÓNIMAS

- Para recordar las características de la entrevista  lee la pág 160
Luego, elabora una entrevista para hacer a alguien que conviva contigo (8 preguntas mínimo). Puede ser una entrevista laboral o personal.  Guíate por las instrucciones de la pág 161.
En principio solo hacemos la introducción y las preguntas (me las podéis mandar para echarles un ojo). Y luego, otro día, cuando tengais un ratito juntos, le haceis la entrevista a la persona elegida y anotais las respuestas. Finalmente pásala a limpio bien redactada y revísala antes de enviar. Incluso puedes incluir una fotografía. Puedes hacerlo en la libreta o a ordenador, como prefieras.
(ESTA TAREA ES PARA HACER, CON CALMA, A LO LARGO DE TODA LA SEMANA).

A continuación te dejo las páginas 160 y 161 de lengua castellana:







REPASO TRIMESTRAL MATEMÁTICAS

DÉIXOVOS ESCANEADAS ESTAS PÁXINAS DO LIBRO DE MATE PARA OS QUE NON O TEÑADES. (Disculpade que pensei que xa as enviara).


lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MARTES 31 DE MARZO

Bos días chic@s!!

Outros dous avisos

1º. Avisar ás familias de que está colgado na páxina web do cole o tema das axudas ao alumnado de comedor. Consultádeo! 


2º. Por outra banda, dicirvos que tedes tamén na páxina web do cole o enlace para o blog de orientación (XOGOTERO), no que se están subindo actividades, por se lle queredes botar unha ollada:



NATURAIS

- Corrixir as actividades do luns 30. Déixovos as respostas:

RESPOSTAS NATURAIS PÁX 108-109

NA PUBLICACIÓN DE ONTE (LUNS 30) HAI UN VÍDEO NOVO DOS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS DA MATERIA.


MATEMÁTICAS

- Exercicios de repaso trimestral: Páx 152. Ex: do 1 ao 5.  Se non recordas como se fai algunha cousa, consulta no libro o tema correspondente e se non o tes ou segues sen recordalo, pídeme ou consúltame o que che faga falta.  (Mañá poño as solucións).


LENGUA

- Leemos, para recordar lo que son las palabras polisémicas y homónimas (pág 157) y hacemos los ejercicios 7 y 8. Luego elaboramos nosotros un listado de palabras polisémicas y otro de palabras homónimas poniendo una breve definición de cada una (mínimo 5 palabras de cada). Si te sobra tiempo y te apetece, puedes hacer los dibujos asociadas a esas palabras.





REGALIÑO DOS MESTRES DO COLE!

Pincha no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=XCxf11pj-qY


Agardamos que vos guste! 


ÁNIMO, QUE XA QUEDA MENOS!

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA O LUNS 30 DE MARZO

BOS DÍAS CHIC@S!! COMO ESTAMOS HOXE?



NATURAIS

- A semana pasada, subliñamos as páxinas 104 e 105, hoxe imos facer o esquema (Recorda buscar as palabras chave, organizalas e escribir breves explicacións con exemplos).

Déixovos algúns vídeos por se queredes botarlles un ollo. Sérvenvos para repasar algunhas partes do tema da materia:

A MATERIA:
https://www.youtube.com/watch?v=swcjamDFsn0      

ESTADOS DA MATERIA:
MEZCLAS E SEPARACIÓNS:


- Páx 108: ex 2 e páx 109: ex 6 (Mañá póñovos as respostas).
Intentade facer as actividades sen mirar as respostas polo libro. Ao rematar si que podes comprobar e completar o que non soubeches.










SEGUIMOS PENSANDO!

Déixovos un enlace a ver se sodes capaces de adiviñar vós sós o título das seguintes películas de Disney:

https://www.playbuzz.com/jelenak10/test-podr-s-adivinar-la-pel-cula-de-disney-a-partir-de-emoticones




E para os que participaron na actividade de adiviñar os refráns con emoticonos, aquí vos deixo as solucións:


SOLUCIÓNS AOS REFRÁNS DA SEMANA PASADA



sábado, 28 de marzo de 2020

DECORANDO OBXECTOS


Algúns compañeir@s xa estiveron facendo de "decoradores" e "decoradoras" persoais. Estos son os resultados:

Portafotos


















Lapiceiros e organizadores:

                                                                    
   
  



Xoieiro con bote de crema e tapóns:

 
 

Botes e botellas








viernes, 27 de marzo de 2020

jueves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES VENRES 27 DE MARZO

Bos días!! Veña que xa é venres!


LENGUA CASTELLANA (Aunque el blog esté en gallego, las instrucciones de lengua castellana  os las pondré, a partir de ahora, en castellano para que no os liéis).

Pág 148. Ejercicios de repaso: del 1 al 10.


SOCIAIS

- Seguimos repasando países e capitais de Europa (ídeme dicindo se xa as sabedes ou como ides).


PLÁSTICA

Propóñovos, nos próximos días, decorar unha caixa, un bote, unha botella, un lapiceiro, un marco de fotos... o que queirades e coa técnica que máis vos guste (papeis pegados, goma eva, témpera, plastilina, pasta, legumes... o que teñades pola casa). Deixade voar a vosa mente e imaxinación!
Eu, como estabamos facendo mandalas con puntillismo, decorei unha caixa de plástico con esa técnica, déixovos aquí o exemplo e algúns máis sacados de internet por se vos poden inspirar:



                    
      





ESPERO QUE PASEDES UNHA FIN DE SEMANA ESTUPENDA EN FAMILIA!







miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES XOVES 26 DE MARZO

Ola de novo! Que tal estamos? Espero que cargados de enerxía!

Teño varios avisos para vós:

: Visitade a páxina web do cole porque estanse colgando algunhas actividades e enlaces que vos poden interesar relacionados con música, relixión ou educación física. Ademais podedes ver fotos vosas e do resto do alumnado do cole!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedrayo/

: Supoño que estades aproveitando para ler algún libro desos chulos que vos gustan a vós. Xa sabedes que se o rematades, podedes facer o resumo nun folio normal e non dubidedes en enviarmo.

MATEMÁTICAS

- Corrixir exercicios de onte no seguinte enlace:

RESPOSTAS MATE PÁX 144-145. EX 3,10.


LINGUA GALEGA

Corrixir a actividade de xentilicios de onte:

XENTILICIOS DOS PAÍSES DA UE


LINGUA CASTELÁ

Lectura de "El percance inglés" (páx 151,152 y 153). Actividades 1, 2 ,4 e 7 da páx 154.

Le con atención, unha soa lectura non chega para comprender ben.




Agora a xogar un pouquiño!

Repasamos ortografía:

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/ortografia


martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 25 DE MARZO

LINGUA GALEGA

1º recordamos o que son os xentilicios e os patronímicos. Está na páx 139 do libro.


Unha vez que o temos claro, xa que estamos cos países de Europa, imos facer unha táboa, pero só cos países da UE (27 países) e ao lado terás que escribir o xentilicio de cada país. (Escríbeos por orde alfabética para facelo todos do mesmo xeito e despois, á hora de corrixilo, será máis doado).
1º escribe os xentilicios que coñeces e despois, os que non coñeces, podes buscalos.

(Mañá poñerei as respostas correctas).


MATEMÁTICAS

- Corrixir o exercicio do martes. Comproba as respostas pinchando a continuación:

CORRECCIÓN PÁX 144, EX 8.

- Facer da páx 144, ex 3. Páx 145, ex 10.


NATURAIS

- Lectura e subliñado (co lapis e sen cargar) das páx 104 e 105: CAMBIOS NA MATERIA (Recordade que tedes o tema escaneado neste blog). Se non podes imprimir nin tes o libro, anota as ideas máis importantes no caderno.


Que teñades un día cheo de enerxía e bo humor!



lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MARTES 24 DE MARZO

MATEMÁTICAS

- Corrixir os exercicios do luns. Déixovos as respostas a continuación:

CORRECCIÓN EXERCICIOS PÁX 140-141 MATEMÁTICAS

- Facer da Páx 144. Exercicio 8. (Mañá poño as respostas)


NATURAIS

-Corrixir as actividades do luns. Comprobade as respostas. Algunhas son respostas persoais, así que  poden ser diferentes.

CORRECCIÓN EXERCICIOS PÁX 98-99 NATU


SOCIAIS

 ¿Como imos cos países e capitais de Europa? ¿Estades practicando? Xa temos que sabelos casi perfectos. Aquí tedes uns xoguiños para comprobalo, non podedes fallar!

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/EUROPA


LINGUA GALEGA:

Chic@s, non teño aquí o libro normal de lingua, só o do mestre e hai partes que son diferentes ao voso, polo que non vou poder pasárvolo escaneado. Ireivos poñendo imaxes concretas de actividades.

Le a seguinte fábula da páxina 144 do libro e responde ás preguntas do seguinte enlace:

PREGUNTAS PARA FACER NO CADERNO DE LINGUA GALEGA

Cando poidades, enviádemo ao correo. Grazas!


domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LUNS 23 DE MARZO

Ola de novo! Que tal pasastes a ponte? Espero que moi ben.


Aí vos van as actividades para hoxe:

MATEMÁTICAS

Páx. 140-141. Exercicios 25, 27 e 32. RECORDA QUE NAS UNIDADES DE SUPERFICIE CADA SALTIÑO É UN: 100 (2 CEROS OU 2 LUGARES: FÍXATE).
Mañá poño as respostas para autocorrixir.

NATURAIS

Páx. 98-99: Exercicios 1, 2, 5 e 6.
Mañá poño as respostas para autocorrixir, aínda que algunhas actividades son de resposta persoal.


LINGUA CASTELÁ

Fai na libreta 4 columnas: unha para palabras con ge, outra con gi, outra con je e outra con ji. (Se fas unha táboa, emprega a regla). 
Levántate e vai mirando pola casa ou desde a fiestra... palabras que conteñan algunhas desas sílabas e vainas anotando nas columnas correspondentes. Intenta escribir todas as palabras posibles. (EN CASTELLANO). Se non chegas a 5 palabras en cada columna, pensa ti outras palabras e complétaas.


NON OLVIDEDES IR REPASANDO OS TEMAS PASADOS DE INGLÉS.

Veña, ánimo, que o estades facendo moi ben! Sodes tod@s uns campións e campioas!



ACTIVA A TÚA MENTE!















sábado, 21 de marzo de 2020

PARA PENSAR EN FAMILIA


Aquí tedes algúns refráns españois representados con emoticonos, a ver se conseguides descifrar algún. Podedes escribir nos comentarios as respostas! Veña, a pensar!



Nuns días póñovos as solucións!


viernes, 20 de marzo de 2020

AS VOSAS MANUALIDADES!

Déixovos por aquí algunhas cousiñas que me ides enviando, se queredes, podedes deixar algún comentario!

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!





















jueves, 19 de marzo de 2020

SE NOS ABURRIMOS...

Déixovos algúns enlaces dos que podedes sacar ideas.


PÁXINAS EDUCATIVAS 



http://www.ayudaparamaestros.com/2019/02/recursos-loreto-web-con-mas-de-10000.html?fbclid=

DEBERES PARA A PONTE

MATEMÁTICAS

- Corrixir os problemas do mércores. Déixovos o enlace:

CORRECCIÓN DOS PROBLEMAS DE MATEMÁTICAS DO MÉRCORES 18 


LINGUA CASTELÁ

Crea A túa fábula. Pincha para ver as instruccións. (RECORDA QUE É EN CASTELÁN)

INDICACIÓNS PRA CREAR A TÚA FÁBULA

Este traballo é para facer durante a ponte, así que, tómate o teu tempo, vaino facendo por partes, revisa, modifica e cando creas que está listo envíasmo ao correo.

Data límite de entrega: Luns 23 de marzo.


SOCIAIS

Recorda que tedes que ir estudando países e capitais de Europa!



Para os que se aburran moito ireivos subindo algunha cousiña por aquí.

Se facedes algo e queredes compartilo con todos nós, non dubidedes en enviarmo para subilo.
(Unha receta rica, unha manualidade chula, un xogo interesante...)



QUE PASEDES UNHA FELIZ PONTE!




martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 18 DE MARZO

Ola rapaces e rapazas!
Como estamos? Seguimos con enerxía? Espero e desexo que si. Aí van as actividades para hoxe.

SOCIAIS:

- Corrixir a ficha do martes, déixovos as respostas para descargar:

DESCARGAR  CORRECCIÓN FICHA EUROPA

A ubicación dos países no mapa podedes comprobala cun atlas, en internet ou coa ficha que xa fixemos na clase do mapa de Europa.


MATEMÁTICAS:

- Rematar os problemas que comezamos a semana pasada na clase, como non sei donde vai cada un, póñovolos todos aquí, pero comprobade cales tedes feitos xa (Recordade que está o libro escaneado).

Páx. 137: 10 e 11
Páx. 139: 21, 22 e 24.
Páx. 140: 28 e 29.
Páx. 141: 34 e 35.

O próximo día mandareivos as respostas para autocorrexir.

NATURAIS

 Lectura e comprensión das páxinas 102 e 103, son sobre as mesturas e os métodos de separación (tenvos que soar todo porque vímolo o curso pasado). Unha vez que o comprendemos ben, facemos o esquema, por un lado os tipos de mesturas (cunha pequena explicación de cada unha e un exemplo) e por outro as técnicas de separación (tamén explicando cada unha e poñendo exemplos) Facédeo con estrutura de esquema, non de resumo.

Práctica: Crear nun recipiente unha mestura homoxénea e noutro unha mestura heteroxénea.

Pedide primeiro permiso e ao rematar deixade todo ben recollido.


Se podedes enviade ao correo (sobre todo o esquema de natu).

Bicos e ata pronto!



#todoiráben