Ola a tod@s!!
Espero que pasarades unha moi boa fin de semana tendo en conta as circunstancias...
Agora ímonos poñer a traballar coas pilas ben cargadas!
Como algúns non vos puidestes acercar polo cole a recoller o material, ireivos poñendo as páxinas escaneadas dos libros que precisades para facer as actividades (Algunhas imaxes non se ven moi ben, se precisades algunha páxina en concreto pedídema por correo privado). Os que non teñades tampouco a libreta, facédeo en folios ou follas aparte e tédeo ben organizado por materias.
As actividades, en xeral, estarán relacionadas coas asignaturas correspondentes ao horario normal da clase, pero pode haber cambios.
Correccións: Algunhas tarefas autocorrexirédelas vós ao día seguinte (enviareivos as respostas) e outras terédesmas que mandar (se é posible) oa correo.
Indicacións do mestre de inglés para estas dúas semanas: REPASAR OS TEMAS ANTERIORES. Podedes aproveitar os días que tedes inglés no horario para facelo.
REALIZADE AS ACTIVIDADES CON CALMA, NON HAI PRÉSA... TEDES TODO O TEMPO DO MUNDO!
LUNS 16 DE MARZO
MATEMÁTICAS:
- Actividades de repaso: Páx 138. Ex: 13, 14, 15, 16 e 17. (O martes autocorrexides estes exercicios)
NATURAIS:
Calcula as propiedades da materia:
Esta práctica podedes facela cunha báscula/pesa de cociña ou de baño e cun medidor graduado de cociña. (FAINO NUN LUGAR AXEITADO E SÓ SE TES O MATERIAL E O PERMISO DUN ADULTO)
- Elixe 3 obxectos, ou alimentos sólidos que non se deterioren ao metelos na auga e calcula a súa masa, volume e densidade. Despois indica se os obxectos ou alimentos debería flotar na auga ou non. (Revisa as páx 94 e 95 do libro para facelo) Reflexa os resultados nunha táboa no teu caderno.
Ao rematar deixa todo ben recollido.
Se non podes realizar a práctica resolve, no teu caderno, os seguintes problemas:
a) Cal é a densidade dun líquido sabendo que 0,5 L de ese líquido teñen unha masa de 2,5 kg?
b)Unha peza metálica pesa 1700g e o seu volume é de 200 mL. Cal será a súa densidade?
(Se fixeches a práctica, podes facer voluntariamente os problemas tamén)
LINGUA CASTELÁ:
- Redacta un diario desta fin de semana pasada (mínimo 20 liñas). Recorda que nos diarios non só se conta o que fixeches, senón que tamén se expresan sentimentos, emocións... Ademais, teñen unha estrutura específica. (Recorda que é en lingua castelá) Podes facelo a ordenador ou a man no teu caderno. Se é posible envíamo ao correo:
oteropedrayodalaracha6b@gmail.com
NON ESQUEZAS FACER DESCANSOS CADA HORA E TOMAR A MERENDA DE MEDIA MAÑÁ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario