1º recordamos o que son os xentilicios e os patronímicos. Está na páx 139 do libro.
Unha vez que o temos claro, xa que estamos cos países de Europa, imos facer unha táboa, pero só cos países da UE (27 países) e ao lado terás que escribir o xentilicio de cada país. (Escríbeos por orde alfabética para facelo todos do mesmo xeito e despois, á hora de corrixilo, será máis doado).
1º escribe os xentilicios que coñeces e despois, os que non coñeces, podes buscalos.
(Mañá poñerei as respostas correctas).
MATEMÁTICAS
- Corrixir o exercicio do martes. Comproba as respostas pinchando a continuación:
CORRECCIÓN PÁX 144, EX 8.
- Facer da páx 144, ex 3. Páx 145, ex 10.
NATURAIS
- Lectura e subliñado (co lapis e sen cargar) das páx 104 e 105: CAMBIOS NA MATERIA (Recordade que tedes o tema escaneado neste blog). Se non podes imprimir nin tes o libro, anota as ideas máis importantes no caderno.
Que teñades un día cheo de enerxía e bo humor!


No hay comentarios:
Publicar un comentario