Ola rapaces e rapazas!
Como estamos? Seguimos con enerxía? Espero e desexo que si. Aí van as actividades para hoxe.
SOCIAIS:
- Corrixir a ficha do martes, déixovos as respostas para descargar:
DESCARGAR CORRECCIÓN FICHA EUROPA
A ubicación dos países no mapa podedes comprobala cun atlas, en internet ou coa ficha que xa fixemos na clase do mapa de Europa.
MATEMÁTICAS:
- Rematar os problemas que comezamos a semana pasada na clase, como non sei donde vai cada un, póñovolos todos aquí, pero comprobade cales tedes feitos xa (Recordade que está o libro escaneado).
Páx. 137: 10 e 11
Páx. 139: 21, 22 e 24.
Páx. 140: 28 e 29.
Páx. 141: 34 e 35.
O próximo día mandareivos as respostas para autocorrexir.
NATURAIS
Lectura e comprensión das páxinas 102 e 103, son sobre as mesturas e os métodos de separación (tenvos que soar todo porque vímolo o curso pasado). Unha vez que o comprendemos ben, facemos o esquema, por un lado os tipos de mesturas (cunha pequena explicación de cada unha e un exemplo) e por outro as técnicas de separación (tamén explicando cada unha e poñendo exemplos) Facédeo con estrutura de esquema, non de resumo.
Práctica: Crear nun recipiente unha mestura homoxénea e noutro unha mestura heteroxénea.
Pedide primeiro permiso e ao rematar deixade todo ben recollido.
Se podedes enviade ao correo (sobre todo o esquema de natu).
Bicos e ata pronto!
#todoiráben

No hay comentarios:
Publicar un comentario