jueves, 30 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA A PONTE + MARTES 5 DE MAIO

Boas tardes a tod@s!
Despisteime de que mañá xa era 1 de maio, día festivo e, ademais, temos ponte; ata o martes non volvemos ás "clases virtuais". Como xa estaba preparando as actividades, puxen algunha cousiña máis e xa as colgo hoxe para que, o que queira, vaia adiantando durante a ponte e estedes máis entretidos. Ata o mércores 6 de maio non poñerei actividades novas. Pode ser que vos suba algunha proposta voluntaria e as pistas dos retos que as seguirei poñendo. 

AVISO: A petición popular, vou intentar facer unha videochamada grupal mañá, día 1 de maio, ás 17:00 horas por medio da aplicación ZOOM. Tedes que tela baixada no  dispositivo que vaiades empregar (móbil, tablet, ordenador...) e estar atentos porque poñerei por aquí un código e unha contrasinal que hai que agregar nese momento para unirse á reunión.

MATEMÁTICAS


- Corriximos o exercico 1 da páx 154. Fíxate ben na corrección e como se fixo o exercicio.

- Facemos da páxina 156-157. exercicios do 11 ao 15.(O mércores poño as solucións)

- Tendo en conta o que repasamos das escalas, ímonos convertir en arquitectos e arquitectas e 
facer un plano da nosa casa a escala 1:100 (Isto quere dicir que 1 cm no plano equivale a 100 cm na realidade). Tedes que medir toda a casa, habitación por habitación (se tes unha casa de varios pisos podes elixir unha planta nada máis para facer o plano) e tes que debuxala a escala. Por exemplo, se unha habitación mide 8,5 m de lonxitude na realidade, no plano terás que debuxala de 8,5 cm. Faino na libreta ou nun folio, se non che cabe podes empalmar varios folios xuntos. (Cando o teñas rematado envíamo ao correo)

- A continuación déixoche a receita para facer aproximadamente 40 magdalenas caseiras. Fai unha táboa de proporcións cos ingredientes e averigua  as cantidades que necesitaríamos  para facer aproximadamente 20 magdalenas, 15 magdalenas e 10 magdalenas. (O mércores poño a solución).


SE QUERES, FAI A RECEITA ADAPTÁNDOA ÁS CANTIDADES QUE TI DESEXES!


LENGUA CASTELLANA

- Ya que va de recetas la cosa, escribe una receta de un postre que te guste mucho (TEXTO INSTRUCTIVO), si puedes hazlo a ordenador (si no, en la libreta o en un folio). Tienen que estar muy claros los ingredientes y los pasos para la elaboración. Incluye también alguna imagen o dibujo.
Envíamelo al correo!

OPCIONAL: Haz un vídeo, tipo tutorial, en el que expliques la elaboración de tu receta y el resultado final. (Tienes que ensayarlo bien antes para que te salga genial). Envíamelo para compartirlo con los compañeros!


NATURAIS

- Intenta cubrir este "PASAPALABRA" relacionado cos temas 1 e 2 de naturais sen consultar os libros, cando escribas todas as palabras que sepas, entón podes axudarte do libro ou outra fonte para descubrir as que che falten. (O mércores poño as solucións).



OPCIONAL: PLÁSTICA

- Facer unha creación cos tubos de cartón do papel hixiénico ou papel de cociña, enpregando, ademais, todos os materiais que queirades. (ESPERO COUSAS CHULAS E "CURRADAS").



BICOS E FELIZ PONTE!




miércoles, 29 de abril de 2020

TEMAS 1 E 2 DO LIBRO DE NATURAIS







ACTIVIDADES XOVES 30 DE ABRIL

BOS DÍAS!! 

PREPARAD@ PARA COMEZAR?



MATEMÁTICAS


- Corrixir os exercicios de onte:


- Facemos da páxina 154 o exercicio 1.(Para iso repasar a páxina 115 do libro: "Escalas:mapas, planos y maquetas"). Quédanvos aquí os enlaces desas páxinas por se as necesitades:





NATURAIS

Repasamos as relacións de alimentación nun ecosistema. Está na páx 32 e 33 do libro de natu. (tedes escaneado o tema noutra entrada do blog). Tamén podedes ver un recordatorio no seguinte vídeo:


- Despois, hai que facer, 1º unha cadea trófica, tamén chamada cadea alimentaria, que se podería dar no ecosistema que vós creastes e a partir desa cadea, facer unha rede trófica (incluíde os nomes da especies e as imaxes ou debuxos das mesmas). Cando remates, mándame a tarefa ao correo.


SOCIAIS

- Comezamos a estudar os ríos máis importantes de Europa. Faino do xeito que che resulte máis 
doado. Déixoche un enlace para xogar:



RECORDA MIRAR A PISTA 4 DO RETO Nº 2!





martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 29 DE ABRIL


BOS DÍAS A TOD@S!

AVISO PARA AS FAMILIAS: Xa saíron as instrucións da consellería de cara ao 3º trimestre. Déixovos o enlace por se alguén está interesado en lelo, pero en breves fareivos un resumo do que nos afecta a nós e, en canto teñamos a reunión de nivel, comunicareivos as decisións que se tomen. 

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE


MATEMÁTICAS

- Corriximos os exercicios de onte:

CORRECCIÓN PÁX 156: DO 1 AO 5

- Facemos da mesma páxina os exercicios do 6 ao 10.


NATURAIS

Sabemos que:  ECOSISTEMA = MEDIO FÍSICO + A COMUNIDADE BIOLÓXICA. 
(Podes volver ver o vídeo recordatorio que subín o xoves 16 de abril).

- Tendo en conta isto e o ecosistema que creaches (a maqueta), fai unha lista dos elementos que formarían o medio físico do teu ecosistema e outra lista dos seres vivos que formarían a comunidade biolóxica do mesmo (Aínda que non aparezan fisicamente represaentados na túa maqueta, debes escribir o nome dos diferentes elementos ou seres vivos que sabes que estarían no teu ecosistema, inclúe todos os reinos. Se dubidas, investiga!).

Vídeos para repasar os 5 reinos dos seres vivos:

https://www.youtube.com/watch?v=GS34snY_P4o

https://www.youtube.com/watch?v=CYd0DTz30EY

- Despois elixe, como mínimo, 4 especies do reino animal do teu ecosistema para cubrir unha ficha informativa cos datos máis importantes (Non fai falta que sexa moi extensa). Podes facelo a man ou a ordenador. Se engades algunha imaxe ou debuxo sería perfecto.

Déixovos un exemplos cuberto e outro en branco por se queredes empregar a mesma plantilla:

EXEMPLO DE FICHA DO TIGRE

EXEMPLO DE PLANTILLA EN BRANCO

NON OLVIDEDES CONSULTAR A PISTA 3 DO RETO Nº2.









ATA MAÑÁ!

CREANDO ECOSISTEMAS










































ENQUISA PARA AS FAMILIAS

Bos días!
Desde a dirección do centro estase a realizar unha enquisa para detectar, con máis exactitude, os medios tecnolóxicos dos que dispón cada familia. É importante que participedes!
Hai que cubrir a enquisa e enviarma ao correo de sempre:

oteropedrayodalaracha6b@gmail.com


Enviádeme como poidades, cuberta no propio documento, con foto, captura de pantalla ou incluso un correo redactado contestando ás preguntas (despois xa o paso eu á propia enquisa) 
MOITAS GRAZAS!

lunes, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES MARTES 28 DE ABRIL



MATEMÁTICAS


- Corriximos o enigma do mércores pasado:


- Páxina 156, exercicios do 1 ao 5. Copiamos os enunciados e só a resposta correcta. (Mañá poño as solucións).



SOCIAIS

- Imos ler a páxina 10 e 11 do libro de sociais (tédelo escaneado na entrada do outro día) e facemos o esquema da páxina 10

- Cubrimos o mapa dos ríos de Europa, polo menos cos nomes dos principais ríos europeos que aparecen no cadro da parte superior dereita da páxina 10, pero localizamos todos os ríos que puxemos no esquema. Podedes imprimir o mapa, calcalo ou  debuxalo:


Enviarme as dúas tarefas de sociais ao correo:

oteropedrayodalaracha6b@gmail.com


- Repasamos países de Europa:



- Repasamos capitais de Europa:



- Repasamos montañas de Europa:




NON OLVIDEDES CONSULTAR A PISTA 2 DO RETO Nº2.






domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES LUNS 27 DE ABRIL

BOS DÍAS A TODOS!
QUE TAL ESTADES? SEGURO QUE ALGÚNS XA SAÍSTES DAR UN PASEIÑO E PUIDESTES CARGAR PILAS, ASÍ QUE COMEZAMOS A SEMANA CON ÁNIMO!



LENGUA OU LINGUA

- Seguramente a maioría dos que vivides nun piso, saístes onte a dar unha voltiña tendo en conta todas as normas que había que seguir e puidestes observar como se comportaban os demais nenos e os adultos pola rúa. Se non saíches puidéchelo seguir pola televisión ou outro medio (se non o fixeches aínda estás a tempo). Ides escribir un texto no que contedes que vos parece esta medida que tomou o goberno (se credes que é axeitada e por que, se pensades que debería ser de outro xeito, de cal e por que, se credes que aínda non deberiamos saír da casa e por que, etc). E no caso de que sairades á rúa, como foi esa primeira saída despois da cuarentena, como vos sentistes, que medidas de seguridade tomastes, que fixestes, como se comportaba o resto de xente que había pola rúa, etc. Os que non saístes, podedes contar tamén a vosa situación persoal e a vosa opinión do que vistes ou escoitastes polos medios de comunicación acerca de este tema. Se non tes información suficiente, investiga e infórmate antes de escribir. (Unha carilla aproximadamente)
A redacción pode ser en galego ou en castelán e podedes facela a man ou a ordenador. Cando a rematedes enviádesma ao correo, pero antes repasade ben o que escribides! (Se vos leva un pouquiño máis de tempo e ma enviades outro día non pasa nada, é preferible iso a que fagades algo ás présas e mal).

- Ademais diso, propóñovos que fagades un cartel, folleto ou similar ao longo desta semana, no que aparezan ben clariñas as normas que hai que seguir para dar os paseos durante estos días. Deben aparecer todas as normas, pero ben resumidas e de xeito moi visual. Sería ideal engadir imaxes ou debuxos. Se prefires, podes facelo a ordenador.






sábado, 25 de abril de 2020

RETO Nº 1

Vou propoñer un reto semanal.
Trátase de descubrir un país, un escritor/a, un pintor/a, unha película, etc.

Cada día darei unha pista.

Cada alumno/a só pode dar unha resposta en cada reto, se non acerta deberá agardar ao reto seguinte. Por iso é importante estar ben seguros antes de enviar a resposta. (Se non o temos claro é mellor esperar a ter as 5 pistas para dar a resposta).

O alumnado que acerte, como premio, poderá propoñer o seguinte reto.

RETO Nº 1: ¿PAÍS?

PISTA 1 : A SÚA BANDEIRA É DE COR VERMELLA E BRANCA.

PISTA 2 : A SÚA FORMA DE GOBERNO É REPÚBLICA PARLAMENTARIA.

PISTA 3 : TEN FRONTEIRA CON MÁIS DE 5 PAÍSES.

PISTA 4 : É UN PAÍS DA UNIÓN EUROPEA.

PISTA 5 : É O LUGAR DE NACEMENTO DUNHA MULLER QUE TIVO 2 PREMIOS NOBEL.

A RESPOSTA CORRECTA AO RETO Nº1 ERA... 
POLONIA!

O alumnado que deu a resposta correcta foi o seguinte:
- Hugo González.
- Sara Elvira.
- Sara García.
- Iria.
- Marcos.
- Ángel.
- Lara.
- Natalia.
- Érika.


Como sodes varios e os primeiros que acertaron, arriscáronse a dicir unha respostas errónea (porque coas pistas que tiñades nese momento había máis de unha posibilidade) podedes participar todos os que estades na lista na elaboración do seguinte reto:

PREPARADE UN RETO PARA DESCUBRIR UN LIBRO, UN CADRO, UN PINTOR, UN ACONTECEMENTO HISTÓRICO...
TEDES QUE ESCRIBIR 5 PISTAS, TENDO EN CONTA QUE, A 1ª SEXA CASE IMPOSIBLE DE ACERTAR, AS SEGUINTES VAIAN DANDO ALGO MÁIS DE INFORMACIÓN PARA IR ELIMINANDO POSIBILIDADES E A ÚLTIMA DEA A PISTA DEFINITIVA COA QUE XA NON SE DEBERÍA TER DÚBIDA DA RESPOSTA.

Enviádeme as vosas propostas de reto e, se están ben, ireinas subindo ao blog a partir da próxima semanas (pode haber máis de un reto simultaneamente cada semana) Ánimo!

jueves, 23 de abril de 2020

ACTIVIDADES VENRES 24 DE ABRIL


RECORDA CONSULTAR A ÚLTIMA PISTA DO RETO!

SOCIAIS

- Corriximos as actividades de onte:

EXERCICIOS SOCI PÁX 4-5


PROPOSTAS PARA FACER CON LIBROS

 A raíz do día do libro, saíron varias actividades de diferentes compañeiros e compañeiras que me pareceron moi chulas e interesantes. Vou expoñer algunhas delas e gustaríame que escollerades unha das propostas, a que máis vos entusiasme!

PROPOSTA Nº1: Elixe un dos teus contos favoritos de cando eras máis pequerrecho e cóntao do xeito que ti prefiras (gravando as imaxes do conto e coa túa voz narrándoo de fondo,  poñendo un disfraz dunha das personaxes e contándoo en 1ª persoa, representándoo con monicreques, escenificándoo en forma teatral ou simplemente léndoo e ensinando algunhas imaxes...). Por suposto, podedes facer esta actividade en familia!

Déixovos un recopilatorio de contos que compartiu unha compañeira para que disfrutedes deles e ademais, pódevos inspirar para as vosas historias!




PROPOSTA Nº2: Con títulos de libros que teñades pola casa, formar unha historia nova. Para isto primeiro tedes que elixir os libros que ides empregar, darlle un sentido a todos esos títulos e ir enlazándoos a través dunha historia, ao mesmo tempo que ides enfocando as portadas dos libros (o mellor é escribir a historia primeiro nun papel)  Déixovos algúns exemplos para que o entendades (O segundo vídeo fíxoo a profe  Silvia, titora de 1ºC do cole):






PROPOSTA Nº3: É parecida á anterior, pero en lugar de contar unha historia cos títulos dos libros, contas a historia dos teus libros, falas de cada un deles do xeito que ti prefiras, como fixo a profe Cris, titora de 6ºA, mirade!



Elixe unha das 3 propostas e tómate o tempo que necesites para levala a cabo, cando teñas feito o traballo envíasme o vídeo ao correo, se non carga podes pedirme o número de teléfono por privado para enviarmo por un wasap.

ESPERO QUE VOS DIVIRTADES MOITO COA ACTIVIDADE!


Déixovos ademais unha "gincana" que compartiu outro cole polo día do libro, por se vos apetece facer algunha destas actividades en familia. Disfrutádeas!





FELIZ FIN DE SEMANA!

miércoles, 22 de abril de 2020

ACTIVIDADES XOVES 23 DE ABRIL



CIENCIAS SOCIAIS

- Páxinas 4 e 5. Exercicios 1, 2, 3, 4 + define conceptos. (Mañá poño as solucións).

- Estudamos xogando. No seguinte enlace podes practicar o nome e situación das montañas máis importantes de Europa. Inténtao ata que non cometas erros, é moi fácil!



LENGUA OU LINGUA

Como xa saberedes, hoxe 23 de abril, é o día do libro, así que ides pensar cal é o voso libro favorito, o que máis vos gustou en toda a vosa vida. Despois hai que escribir unha pequena redacción sobre iso (unhas 20 liñas aproximadamente). Haberá que poñer o título, o autor se o sabemos, o motivo de por que vos gusta ou vos gustou tanto ese libro, que ten de especial para vós e, ademais, un breve argumento do que trata (non hai que contar todo ao detalle). Pode ser en galego ou en castelán e podedes facelo a man ou a ordenador. Se queres engade un debuxo ou imaxe.
Recordade enviarmo ao correo antes do luns:

oteropedrayodalaracha6b@gmail.com

- Anímovos a que aproveitedes esta actividade para facer tamén a que se propuxo desde biblioteca.


RECORDATORIOS

- Non esquezas consultar a 4ª pista do reto nº1. Aínda que haxa xente que xa deu a resposta, non se pode comentar nada cos compañeiros ata o final.

- Dou un día máis para que resolvades o enigma porque hai moitos que non destes a solución correcta.






martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 22 DE ABRIL

BOS DÍAS A TOD@S!

Recórdovos de novo que tedes material de ed. física, relixión e inglés na web do cole  (tamén subín o de inglés a este blog, podedes consultalo na entrada de onte día 21).

Non olvides consultar a 3ª pista do reto nº1.

MATEMÁTICAS

- Corrección dos 3 exercicios que quedaban da páxina 153.

CORRECCIÓN MATE. PÁXINA 153: 22,23 E 34

- Pensa a resposta a este novo enigma e recorda que pode ter "truco", fíxate en todos os detalles, cando teñas a resposta envíama ao correo:






SOCIAIS + TÉCNICAS DE ESTUDO: 

O tema 1 de sociais é sobre o medio físico de Europa. Como é un tema no que non é necesaria demasiada explicación, simplemente consiste en saber o nome dunha serie de accidentes xeográficos e a súa ubicación no mapa, imos a velo un pouquiño por enriba para que vos vaia resultando algo familiar.

- Le as páxinas 4 e 5 do tema 1 de sociais e fai un esquema co máis importante, se podes, imprime un mapa de Europa e ubica os accidentes xeográficos que aparecen no texto da páxina 4 (que deberían coincidir cos que puxeches tamén no esquema). Se non podes imprimir, intenta debuxar ti a silueta do mapa de Europa ou, se tes un atlas na casa, tamén podes calcalo (algúns tedes a ficha co mapa dos países europeos, esa tamén vos serve para calcar a silueta).

Para facer o esquema podes orientarte por aquí:


Se queres, podes empregar o seguinte mapa: 


Páxinas 4 e 5 de sociais:







QUE PASEDES UN BO DÍA. ATA MAÑÁ!

TEMA 1 DE SOCIAIS: O MEDIO FÍSICO DE EUROPA

Está escaneado en formato horizontal para que se vexa ben a dobre páxina, pero como ten mala calidade, a continuación póñovos tamén as páxinas de unha en unha e así podedes ler con maior facilidade.








lunes, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADES MARTES 21 DE ABRIL

AVISOS:    Tedes na páxina web do cole novos enlaces que deixaron os mestres de educación física para mover un pouco o esqueleto, consultádeos!
No apartado de relixión tamén hai actividades novas para facer. E na sección de inglés podedes atopar material de repaso do tema 1 ao 6. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedrayo/

MATERIAL DE INGLÉS


MATEMÁTICAS

- Corrixir os exercicios 18, 19 e 20 no seguinte enlace:

CORRECCIÓN MATE PÁX 153: 18,19 E 20

- Facemos da páxina 153, os exercicios 21, 22 e 23. (Mañá poño solucións)


LINGUA GALEGA

- Corriximos os exercicios de ortografía de onte:

CORRECCIÓN LINGUA PÁX 161: 7 E 9

- Redacción sobre o traballo da “profe virtual” desde o 16 de marzo ata hoxe.
Tedes que escribir unha carilla (máis ou menos) comentando a vosa opinión sobre os traballos que viñemos facendo durante o estado de alarma. Podedes comentar sobre as actividades, se foron moitas, poucas, normal…; se foron divertidas ou non, as que máis vos gustaron e por que, se aprendestes moito, pouco ou nada; se tivestes dificultades para facer os traballos e se foi así dicir cales.
Comentade tamén o traballo da profe, se vos axudou e de que maneira, se o podería facer mellor ou se se vos ocorre outro xeito de como podería apoiarvos.
Tamén podedes escribir propostas de mellora e actividades que vos gustaría facer, se están ben xustificadas poderían ir para adiante.
Tede en conta a situación na que estamos e as posibilidades reais que hai.
Podedes facelo na libreta ou a ordenador e enviádemo ao correo.

Tarefa para pais e nais: Gustaríame que fixerades vós tamén, nun anaquiño que teñades libre, unha pequena avaliación do traballo da “profe virtual” desde o 16 de marzo ata hoxe. Críticas razonadas e propostas de mellora tendo en conta as circunstancias. Podedes facelo a través do correo directamente, se a alguén non lle é posible pode empregar o wasap. 


Correo: oteropedrayodalaracha6b@gmail.com


Esta tarefa é moi importante para poder mellorar nesta situación tan anómala que nos tocou vivir. MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración!


RECORDATORIOS:

- Tedes que ir repasando os temas dados en inglés.
- Mandouse unha actividade desde biblioteca á que vos animo que participedes.
- Esta semana tedes que ir rematando as vosas maquetas dos ecosistemas (Non olvidedes investigar que animais viven no ecosistema que elexistes porque hai varios que estades metendo a pata).
- Mañá, mércores, é o último día para entregar os chistes ben redactados e presentados.
- Non olvidedes consultar a 2ª pista do reto nº1.


domingo, 19 de abril de 2020

ACTIVIDADES LUNS 20 DE ABRIL





Bos días a tod@s! Seguimos unha semaniña máis!

MATEMÁTICAS

- Corriximos exercicios pendentes do xoves e venres.

CORRECCIÓN MATE: PÁX 153: 15, 16 e 17. ENIGMA + PROBLEMA KOALA

- Facemos da páx 153: 18, 19 e 20. Non olvidedes copiar todas as preguntas do enunciado. (Mañá poño as solucións).

LINGUA GALEGA

- Corriximos as actividades de ortografía do venres:

CORRECCIÓ EX 2, 3, 4 E 6 DAS PÁXINAS 160-161

- Despois de corrixir e fixarnos moi ben nos erros que cometemos para non volver fallar, facemos os exercicios 7 e 9 da  páxina 161. (Mañá poño as solucións).

- Repasamos o diálogo (Páxina 164). Despois imos a contar chistes. Pensa 4 chistes nos que haxa diálogo entre personaxes e escríbeos (tamén podes inventalos) respectando ben as normas para facer os diálogos. Escribe 2 en estilo directo e outros 2 en estilo indirecto. Se podes faino a ordenador e, se están ben, publicareinos no blog para que os  compañeiros se boten unhas risas!

Despois de escribilo comproba que cumpres todos os pasos que aparecen nos puntos 6, 7 e 8 da páxina 165. (TES PARA ENTREGAR ESTA ACTIVIDADE ATA O MÉRCORES).

Para os que non teñen libro:

jueves, 16 de abril de 2020

ACTIVIDADES VENRES 17 DE ABRIL




MATEMÁTICAS

Revisade o enigma de onte, a maioría tédelo mal. Fixádevos ben, que a "geisha" que vai vestida de vermello da primeira liña ten un bolsiño amarelo, e na última liña non leva ese bosiño, así que o valor cambia. E se nos fixamos ben, na terceira liña, na primeira imaxe hai 2 bolsiños amarelos e na última liña hai 2 maletíns marróns! PENSADE UN POUCO MÁIS! E enviádeme as vosas respostas.

- Páxina 153. Exercicios 15, 16 e 17. (O luns poño as respostas destas actividades e das de onte).


LINGUA GALEGA

- Traballamos un pouco de ortografía: Lede primeiro ben as normas ortográficas da páxina 160. Despois facemos os exercicios 2, 3, 4 e 6. Fixádevos, non copiedes as oracións con faltas de ortografía. (O luns poño as respostas).

Para o que non teña o libro, pode ver aquí as páxinas:








NATURAIS E SOCIAIS

- Seguide coa maqueta do ecosistema e o repaso de países e capitais de Europa. (A maqueta aínda tedes toda a semana que vén para rematala, pero os países e capitais xa deberían estar listos).






miércoles, 15 de abril de 2020

ACTIVIDADES XOVES 16 DE ABRIL

MATEMÁTICAS

- Corrixir os exercicios de onte no seguinte enlace:


- Relacionado co exercicio de onte que trataba sobre as horas que durmían certos animais, ides buscar información a ver cal é o animal máis dormitón do mundo e cantas horas dorme ao día. Cando teñades esta información tedes que calcular a porcentaxe% de horas á que equivale (Como na táboa do exercicio de onte, pero agora o dato que imos ter serán as horas que dorme ao día, pero non a porcentaxe). PENSA!

- Resolve o seguinte enigma (Fíxate ben en todos os detalles dos debuxos e na xerarquía das operacións):



NATURAIS + TÉCNICAS DE ESTUDO

- Imos facer un pouco de memoria e repasar o tema dos ecosistemas. Déixovos un vídeo para que o recordedes mellor:


- Volve a ver o vídeo e vai tomando apuntes do máis importante (podes velo as veces que queiras). Despois, con toda a información que anotaches, organízaa para facer un pequeno resumo ou esquema do máis importante que conta o vídeo.

TRABALLO PARA TODA A SEMANA
- Ides elexir un ecosistema e durante toda a semana, cos recursos que tedes na casa (cartón, caixas, botellas, pintura, plastilina, animaliños e prantas de xoguete, debuxos, pedras...) montaredes "unha maqueta" simulando o ecosistema elixido. A ver que chulos vos quedan, non hai présa, facédeo con calma, incluso podedes realizalo en familia se queredes!
Ao longo da semana que ven, a medida que vaiades rematando o traballo, enviádeme unha foto da vosa maqueta ou un vídeo explicando todo o que ten e como o fixestes .

Estos son algúns exemplos de ecosistemas, pero hai moitos máis que tamén podedes elixir:



ESPERO QUE PASEDES UN DÍA ESTUPENDO!

AVISOS DE BIBLIOTECA

Desde a biblioteca do cole recórdanvos que podedes entrar a curiosear no seu blog:

http://bibliopingas.blogspot.com/


Ademais, propóñenvos unha actividade para facer estos días. Veña, animádevos a participar!


martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 15 DE ABRIL

MATEMÁTICAS

- Seguimos con exercicios de repaso: Páx 152. Ex 13 e 14. (Mañá poño as respostas).


LINGUA GALEGA

- Repasamos a teoría da páxina 158. Aquí queda escaneado:

  

- Facemos as seguintes actividades no caderno e enviádesmas ao correo.

ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA


SOCIAIS

Repasamos algúns dos países e capitais máis importantes de Europa:

https://www.youtube.com/watch?v=hFUwORfpyTU

Agora fai os seguintes test, non se pode fallar ningunha. SORTE!:

https://www.youtube.com/watch?v=gcz66rg4A4s

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/capital-europa



AVISO: Se alguén precisa enviarme algún vídeo ou outra información que non sexa capaz de facelo a través do correo electrónico, pedídeme o número de móbil mediante un correo privado.





lunes, 13 de abril de 2020

ACTIVIDADES MARTES 14 DE ABRIL

OLA A TOD@S!

Que tal? Como vos sentaron as vacacións? Con ánimos e forzas para seguir? Seguro que si! Aquí vos deixo a tarefa de hoxe:

LINGUA GALEGA

- Imos facer un diario destas vacacións tan diferentes (Mínimo 25 liñas). 
Non é necesario que expliquedes día a día o que ocorreu. Podedes facelo de xeito xeral, contando o que fixestes e aclarando, sempre e cando consideredes, o día exacto. Volvo recordar que nun diario, ademais do que fixemos, tamén se expresan sentimentos, emocións, opinións, desexos... Así que, non esquezas tocar tamén esos aspectos e profundizar un pouco neles! 
Ti decides se facelo a man ou a ordenador. Ademais, podes engadir todas as imaxes que consideres.
Cando remates e despois de revisalo ben, envíamo ao correo:

oteropedrayodalaracha6b@gmail.com

Propóñovos que teñades un diario persoal no que vaiades ecribindo, sempre e cando queirades,  todo aquelo que vos apeteza. Pero un diario de verdade, desos diarios segredos que ninguén pode ler, nin sequera a profe... Podes facelo con un caderno vello ou incluso en folios soltos. O importante é o que escribes, non onde o escribes.




Por agora, os mestres non temos instrucións claras da consellería de como se vai desenvolver o 3º trimestre. Ireivos informando.


Se non me equivoco, o domingo foi o cumple de Hugo González, así que desexarlle un moi feliz aniversario!




Que pasedes un feliz día!

jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES VENRES 3 DE ABRIL

BOS DÍAS CHIC@S! ÚLTIMO DÍA ANTES DAS VACACIÓNS!

Hoxe ímonos dedicar simplemente a corrixir os exercicios pendentes e a rematar as tarefas que temos a medias.

MATEMÁTICAS

- Déixovos a corrección dos exercicios 9, 10, 11 e 12 da páx 152:

RESPOSTAS MATE PÁX 152 DO 9 AO 12

LINGUA GALEGA

- Corrección das actividades 1 e 2 de comprensión da páx 155:

RESPOSTAS COMPRENSIÓN LINGUA PÁX 155

- Ademáis, para os que teñades a libreta na casa, había algunas actividades pendentes de corrixir de fai tempo. SON DO 6 DE MARZO. (Déixovolas aquí para que quede xa listo antes das vacacións).

ACTIVIDADES DA DIÉRESE PÁX 142-143. EX 2, 5, 6 E 9


LENGUA CASTELLANA

- Terminar la entrevista. (Si no puede ser hoy, cuando podais y me la enviáis al correo).




E AGORA SI... CHEGARON AS BEN MERECIDAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!  ESPERO QUE AS DISFRUTEDES! 

AÍNDA ASÍ, ESTOU AQUÍ PARA O QUE NECESITEDES! PODEDES ESCRIBIRME, DESAFOGARVOS, FACERME PREGUNTAS, ENVIARME ACTIVIDADES, XOGOS, MANUALIDADES...

UNHA APERTA ENORME A TOD@S E BICOS A MOREAS. AH! E NON OLVIDEDES QUE...

       #TODOSAIRÁBEN
 







miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADES XOVES 2 DE ABRIL

Imos a polo xoves!

RECORDAR ÁS FAMILIAS QUE É IMPORTANTE QUE TEÑAN INSTALADA A APLICACIÓN "ABALAR MÓBIL" PARA PODER RECIBIR DIFERENTES INFORMACIÓNS DO CENTRO, ENTRE ELAS, AS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN DO ALUMNADO.

Se algunha familia non ten a posibilidade de instalalo que se poña en contacto comigo a través do correo oteropedrayodalaracha6b@gmail.com para poder xestionar a chegada das notas por outra vía.

MATEMÁTICAS

- Volvede a revisar as respostas dos exercicios 1, 2, 3, 4 e 5 da páx 152 porque  houbo un erro nas solucións e non estaban completas. Agora xa están corrixidas (volve a mirar o enlace da publicación de onte).

- Corrixir os exercicios 6, 7 e 8 da páx 152 no seguinte enlace:

RESPOSTAS MATE: EXERCICIOS 6, 7 E 8 DA PÁX 152

- Seguimos cos exercicios de repaso da páxina 152. Facemos do 9 ao 12. (Mañá poño as solucións).


LINGUA GALEGA

- Lectura da unidade 8 "Unha pequena revolución" (Páx.152, 153 e 154) e actividades de comprensión 1 e 2 da páx 155. (Mañá poño as solucións).
 Déixovos escaneadas as páxinas a continuación:





QUE PASEDES UN BO DÍA! ATA MAÑÁ!