CIENCIAS SOCIAIS
- Páxinas 4 e 5. Exercicios 1, 2, 3, 4 + define conceptos. (Mañá poño as solucións).
- Estudamos xogando. No seguinte enlace podes practicar o nome e situación das montañas máis importantes de Europa. Inténtao ata que non cometas erros, é moi fácil!
LENGUA OU LINGUA
Como xa saberedes, hoxe 23 de abril, é o día do libro, así que ides pensar cal é o voso libro favorito, o que máis vos gustou en toda a vosa vida. Despois hai que escribir unha pequena redacción sobre iso (unhas 20 liñas aproximadamente). Haberá que poñer o título, o autor se o sabemos, o motivo de por que vos gusta ou vos gustou tanto ese libro, que ten de especial para vós e, ademais, un breve argumento do que trata (non hai que contar todo ao detalle). Pode ser en galego ou en castelán e podedes facelo a man ou a ordenador. Se queres engade un debuxo ou imaxe.
Recordade enviarmo ao correo antes do luns:
oteropedrayodalaracha6b@gmail.com
- Anímovos a que aproveitedes esta actividade para facer tamén a que se propuxo desde biblioteca.
RECORDATORIOS
- Non esquezas consultar a 4ª pista do reto nº1. Aínda que haxa xente que xa deu a resposta, non se pode comentar nada cos compañeiros ata o final.
- Dou un día máis para que resolvades o enigma porque hai moitos que non destes a solución correcta.


No hay comentarios:
Publicar un comentario