BOS DÍAS A TOD@S!
AVISO PARA AS FAMILIAS: Xa saíron as instrucións da consellería de cara ao 3º trimestre. Déixovos o enlace por se alguén está interesado en lelo, pero en breves fareivos un resumo do que nos afecta a nós e, en canto teñamos a reunión de nivel, comunicareivos as decisións que se tomen.
MATEMÁTICAS
- Corriximos os exercicios de onte:
CORRECCIÓN PÁX 156: DO 1 AO 5
- Facemos da mesma páxina os exercicios do 6 ao 10.
NATURAIS
Sabemos que: ECOSISTEMA = MEDIO FÍSICO + A COMUNIDADE BIOLÓXICA.
(Podes volver ver o vídeo recordatorio que subín o xoves 16 de abril).
- Tendo en conta isto e o ecosistema que creaches (a maqueta), fai unha lista dos elementos que formarían o medio físico do teu ecosistema e outra lista dos seres vivos que formarían a comunidade biolóxica do mesmo (Aínda que non aparezan fisicamente represaentados na túa maqueta, debes escribir o nome dos diferentes elementos ou seres vivos que sabes que estarían no teu ecosistema, inclúe todos os reinos. Se dubidas, investiga!).
Vídeos para repasar os 5 reinos dos seres vivos:
https://www.youtube.com/watch?v=CYd0DTz30EY
- Despois elixe, como mínimo, 4 especies do reino animal do teu ecosistema para cubrir unha ficha informativa cos datos máis importantes (Non fai falta que sexa moi extensa). Podes facelo a man ou a ordenador. Se engades algunha imaxe ou debuxo sería perfecto.
Déixovos un exemplos cuberto e outro en branco por se queredes empregar a mesma plantilla:
EXEMPLO DE PLANTILLA EN BRANCO
NON OLVIDEDES CONSULTAR A PISTA 3 DO RETO Nº2.
ATA MAÑÁ!

No hay comentarios:
Publicar un comentario