AVISOS: Tedes na páxina web do cole novos enlaces que deixaron os mestres de educación física para mover un pouco o esqueleto, consultádeos!
No apartado de relixión tamén hai actividades novas para facer. E na sección de inglés podedes atopar material de repaso do tema 1 ao 6.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedrayo/
MATERIAL DE INGLÉS
MATEMÁTICAS
- Corrixir os exercicios 18, 19 e 20 no seguinte enlace:
CORRECCIÓN MATE PÁX 153: 18,19 E 20
- Facemos da páxina 153, os exercicios 21, 22 e 23. (Mañá poño solucións)
LINGUA GALEGA
- Corriximos os exercicios de ortografía de onte:
CORRECCIÓN LINGUA PÁX 161: 7 E 9
- Redacción sobre o traballo da “profe virtual” desde o
16 de marzo ata hoxe.
Tedes que escribir unha carilla (máis ou menos) comentando a vosa opinión sobre os
traballos que viñemos facendo durante o estado de alarma. Podedes comentar sobre as actividades, se
foron moitas, poucas, normal…; se foron divertidas ou non, as que máis vos
gustaron e por que, se aprendestes moito, pouco ou nada; se tivestes
dificultades para facer os traballos e se foi así dicir cales.
Comentade tamén o traballo da profe, se vos axudou e de que maneira, se o
podería facer mellor ou se se vos ocorre outro xeito de como podería apoiarvos.
Tamén podedes escribir propostas de mellora e actividades que vos gustaría facer, se están ben xustificadas poderían ir para adiante.
Tede en conta a situación na que estamos e as posibilidades reais que hai.
Podedes facelo na libreta ou a ordenador e enviádemo ao correo.
Podedes facelo na libreta ou a ordenador e enviádemo ao correo.
Tarefa para pais e nais: Gustaríame que fixerades vós tamén, nun anaquiño que teñades libre, unha pequena avaliación do traballo da “profe
virtual” desde o 16 de marzo ata hoxe. Críticas razonadas e propostas de
mellora tendo en conta as circunstancias. Podedes facelo a través do correo directamente, se a alguén non lle é posible pode empregar o wasap.
Correo: oteropedrayodalaracha6b@gmail.com
Esta tarefa é moi importante para poder mellorar nesta situación tan anómala que nos tocou vivir. MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración!
RECORDATORIOS:
- Tedes que ir repasando os temas dados en inglés.
- Mandouse unha actividade desde biblioteca á que vos animo que participedes.
- Esta semana tedes que ir rematando as vosas maquetas dos ecosistemas (Non olvidedes investigar que animais viven no ecosistema que elexistes porque hai varios que estades metendo a pata).
- Mañá, mércores, é o último día para entregar os chistes ben redactados e presentados.
- Non olvidedes consultar a 2ª pista do reto nº1.

No hay comentarios:
Publicar un comentario