domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES LUNS 27 DE ABRIL

BOS DÍAS A TODOS!
QUE TAL ESTADES? SEGURO QUE ALGÚNS XA SAÍSTES DAR UN PASEIÑO E PUIDESTES CARGAR PILAS, ASÍ QUE COMEZAMOS A SEMANA CON ÁNIMO!



LENGUA OU LINGUA

- Seguramente a maioría dos que vivides nun piso, saístes onte a dar unha voltiña tendo en conta todas as normas que había que seguir e puidestes observar como se comportaban os demais nenos e os adultos pola rúa. Se non saíches puidéchelo seguir pola televisión ou outro medio (se non o fixeches aínda estás a tempo). Ides escribir un texto no que contedes que vos parece esta medida que tomou o goberno (se credes que é axeitada e por que, se pensades que debería ser de outro xeito, de cal e por que, se credes que aínda non deberiamos saír da casa e por que, etc). E no caso de que sairades á rúa, como foi esa primeira saída despois da cuarentena, como vos sentistes, que medidas de seguridade tomastes, que fixestes, como se comportaba o resto de xente que había pola rúa, etc. Os que non saístes, podedes contar tamén a vosa situación persoal e a vosa opinión do que vistes ou escoitastes polos medios de comunicación acerca de este tema. Se non tes información suficiente, investiga e infórmate antes de escribir. (Unha carilla aproximadamente)
A redacción pode ser en galego ou en castelán e podedes facela a man ou a ordenador. Cando a rematedes enviádesma ao correo, pero antes repasade ben o que escribides! (Se vos leva un pouquiño máis de tempo e ma enviades outro día non pasa nada, é preferible iso a que fagades algo ás présas e mal).

- Ademais diso, propóñovos que fagades un cartel, folleto ou similar ao longo desta semana, no que aparezan ben clariñas as normas que hai que seguir para dar os paseos durante estos días. Deben aparecer todas as normas, pero ben resumidas e de xeito moi visual. Sería ideal engadir imaxes ou debuxos. Se prefires, podes facelo a ordenador.






No hay comentarios:

Publicar un comentario