- Revisade o enigma de onte, a maioría tédelo mal. Fixádevos ben, que a "geisha" que vai vestida de vermello da primeira liña ten un bolsiño amarelo, e na última liña non leva ese bosiño, así que o valor cambia. E se nos fixamos ben, na terceira liña, na primeira imaxe hai 2 bolsiños amarelos e na última liña hai 2 maletíns marróns! PENSADE UN POUCO MÁIS! E enviádeme as vosas respostas.
- Páxina 153. Exercicios 15, 16 e 17. (O luns poño as respostas destas actividades e das de onte).
LINGUA GALEGA
- Traballamos un pouco de ortografía: Lede primeiro ben as normas ortográficas da páxina 160. Despois facemos os exercicios 2, 3, 4 e 6. Fixádevos, non copiedes as oracións con faltas de ortografía. (O luns poño as respostas).
Para o que non teña o libro, pode ver aquí as páxinas:
NATURAIS E SOCIAIS
- Seguide coa maqueta do ecosistema e o repaso de países e capitais de Europa. (A maqueta aínda tedes toda a semana que vén para rematala, pero os países e capitais xa deberían estar listos).


No hay comentarios:
Publicar un comentario