sábado, 25 de abril de 2020

RETO Nº 1

Vou propoñer un reto semanal.
Trátase de descubrir un país, un escritor/a, un pintor/a, unha película, etc.

Cada día darei unha pista.

Cada alumno/a só pode dar unha resposta en cada reto, se non acerta deberá agardar ao reto seguinte. Por iso é importante estar ben seguros antes de enviar a resposta. (Se non o temos claro é mellor esperar a ter as 5 pistas para dar a resposta).

O alumnado que acerte, como premio, poderá propoñer o seguinte reto.

RETO Nº 1: ¿PAÍS?

PISTA 1 : A SÚA BANDEIRA É DE COR VERMELLA E BRANCA.

PISTA 2 : A SÚA FORMA DE GOBERNO É REPÚBLICA PARLAMENTARIA.

PISTA 3 : TEN FRONTEIRA CON MÁIS DE 5 PAÍSES.

PISTA 4 : É UN PAÍS DA UNIÓN EUROPEA.

PISTA 5 : É O LUGAR DE NACEMENTO DUNHA MULLER QUE TIVO 2 PREMIOS NOBEL.

A RESPOSTA CORRECTA AO RETO Nº1 ERA... 
POLONIA!

O alumnado que deu a resposta correcta foi o seguinte:
- Hugo González.
- Sara Elvira.
- Sara García.
- Iria.
- Marcos.
- Ángel.
- Lara.
- Natalia.
- Érika.


Como sodes varios e os primeiros que acertaron, arriscáronse a dicir unha respostas errónea (porque coas pistas que tiñades nese momento había máis de unha posibilidade) podedes participar todos os que estades na lista na elaboración do seguinte reto:

PREPARADE UN RETO PARA DESCUBRIR UN LIBRO, UN CADRO, UN PINTOR, UN ACONTECEMENTO HISTÓRICO...
TEDES QUE ESCRIBIR 5 PISTAS, TENDO EN CONTA QUE, A 1ª SEXA CASE IMPOSIBLE DE ACERTAR, AS SEGUINTES VAIAN DANDO ALGO MÁIS DE INFORMACIÓN PARA IR ELIMINANDO POSIBILIDADES E A ÚLTIMA DEA A PISTA DEFINITIVA COA QUE XA NON SE DEBERÍA TER DÚBIDA DA RESPOSTA.

Enviádeme as vosas propostas de reto e, se están ben, ireinas subindo ao blog a partir da próxima semanas (pode haber máis de un reto simultaneamente cada semana) Ánimo!

1 comentario: